Exequias.

SE TES UN SEGURO DE DECESO
  FAILLE CHEGAR Á COMPAÑÍA
  QUE QUERES UN PASAMENTO LAICO


1.- MARCHA DO ANTIGO REINO DE GALICIA (gaita) 

Mentres o féretro é conducido dende o fogar fúnebre ao salón no que se celebrará o acto, soa en acordes de gaita a Marcha do Antigo Reino de Galicia.





2.- LEMBRANZA

Unha persoa –familiar ou amiga- le unhas liñas de lembranza. Apórtase un breve textiño tipo, o que non obsta para que, se se quere, se poida personalizar e mesmo se elabore outro texto completamente diferente.
Fai clic aquí.



3.- POEMA

Lerase un poema acaído para o momento.  O tanatorio dispón dun feixe de poemas, para que a familia escolla o que máis lle agrade, e tamén, é claro, pódese ler outro distinto que esta decida.
Fai clic aquí


4. - HIMNO GALEGO  (zanfona)

Para rematar, e mentres o féretro volve ao fogar do tanatorio ou é conducido ao coche que o levará á incineración, soará a música do Himno Galego,  himno oficial de Galicia, que co do Antigo Reino lle confiren ao acto solemnidade e altura por riba de ningún  tipo de partidismo. A interpretación en zanfona fai que  esa solemnidade non conleve un exceso pomposo senón unha intimidade e un recollemento axeitados para o carácter do acto.