Publicación na prensa e no recinto do tanatorio

FORMA NO TEU CONCELLO
  UNHA COMISIÓN PRO-PASAMENTO LAICO




MODELO 1
(persoas ficticias)

O sol vive e permanece
na quentura da túa man
no marelo dos teus ollos lúcidos 
no esplendor do sorriso 
na ardora que farás prender no mar
como un ronsel de paixón...

(Mª Xosé Queizán)



CARME RIAL BERNÁRDEZ

A túa familia :
Luís Barreiro Mariño, Luís, Antón e Iria Barreiro Rial, Lidia Rúa Fernández,  Andrea Barreiro Rúa e Antonio Rial Bernárdez comunican o seu pasamento.

A despedida laica terá lugar o próximo martes, 4 de febreiro, ás 12 da mañán no Tanatorio de Cangas.







MODELO 2

O sol vive e permanece
na quentura da túa man
no marelo dos teus ollos lúcidos 
no esplendor do sorriso 
na ardora que farás prender no mar
como un ronsel de paixón...

(Mª Xosé Queizán)


CARME RIAL BERNÁRDEZ


O seu esposo Luís Barreiro Mariño,  os seus fillos e fillas  Luís, Antón e Iria Barreiro Rial,  a súa nora Lidia Rúa Fernández,  a súa neta Andrea Barreiro Rúa e o seu irmán Antonio Rial Bernárdez comunican o pasamento.

A despedida laica terá lugar o próximo martes, 4 de febreiro, ás 12 da mañán no Tanatorio de Cangas.





Outras citas poéticas  para escoller

Sempre que te nomeo
un mar de chuvia inunda
as rúas que rodean
a miña casa alta

MARTA DACOSTA



Esta enerxía xa non vai ter fin.
Non foi creada nin será destruída.
Irá ocupando diferentes vidas
transformándose en emocións alleas,
tatuada noutros corpos paralelos,
en simultáneas procesións
sen pausas

LOIS PEREIRO



Esta tarde o aire é meu amigo. 

Vounme sumindo sumindo. 

Si o aire quer 

chegarein a non ser ninguén.

UXÍO NOVONEIRA



Eu xa sei quen son
porque me amaches
e non permaneciches
baixo dos ábsides.
         

CLAUDIO RODRÍGUEZ FER